Moaña | Evacuadas en helicóptero cinco persoas tras afundirse a súa embarcación

Foto.- Salvamento_Pesca 1_Cedida.

Os servizos de emerxencia desprazaron ata Domaio, no concello pontevedrés de Moaña, un helicóptero de rescate para efectuar a evacuación de cinco persoas que quedaron illados nunha batea despois de afundirse a súa embarcación.

Segundo a información facilitada polo particular que chamou ao 112 Galicia, a dorna na que navegaban afundiu nun lugar próximo as bateas de Domaio.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse aos Servizos de Salvamento Marítimo e de Gardacostas de Galicia.

De feito, foi a aeronave Pesca 1 de Gardacostas de Galicia a que, finalmente, puido rescatar as cinco persoas e trasladalas ata o peirao de Do Maio onde os esperaban os axentes da Policía Local informados polo 112 Galicia.

Compre destacar que os xestores do CIAE 112 Galicia alertaron do suceso tamén a Garda Civil, que mobilizou unha patrulleira ata o lugar, e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha