Imaxe de arquivo dunha manifestación contra a instalación dos parques eólicos do Castelo, Campelo e Monte Toural.
54
Ducias de persoas, onde participaron distintas plataformas, asociacións e grupos políticos, concentráronse este domingo baixo a choiva polas rúas máis céntricas de Carballo, coreando o lema «aldeas vivas e non destruídas», nunha nova mobilización contra tres proxectos eólicos que se desenvolverán moi preto de núcleos de poboación e dentro da Área Especial de Protección da Lagoa de Alcaián. A Plataforma NON Eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural di estar a favor da eólica «pero non deste xeito», tal e como declarou Toni España, un dos portavoces, a nhdiario.es.
Toni España.Momento da marcha da manifestación que tivo lugar este domingo en Carballo.