Mobilización en Carballo contra tres proxectos eólicos na zona

Ducias de persoas, onde participaron distintas plataformas, asociacións e grupos políticos, concentráronse este domingo baixo a choiva polas rúas máis céntricas de Carballo, coreando o lema «aldeas vivas e non destruídas», nunha nova mobilización contra tres proxectos eólicos que se desenvolverán moi preto de núcleos de poboación e dentro da Área Especial de Protección da Lagoa de Alcaián. A Plataforma NON Eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural di estar a favor da eólica «pero non deste xeito», tal e como declarou Toni España, un dos portavoces, a nhdiario.es.

Toni España.
Momento da marcha da manifestación que tivo lugar este domingo en Carballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha