Mobilización en Vigo polo futuro da industria da cidade

1 minutes read

Pola industria saíron este mércores á rúa en Vigo. Foi nunha manifestación convocada pola CIG para reclamar un futuro para a industria de Vigo e da súa comarca. O sindicato chamou á mobilización tras a perda, din, de 400 empregos no sector industrial da cidade e da contorna no último trimestre. Por iso piden, un xiro radical nas políticas laborais.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o portavoz municipal en Vigo, Xavier Pérez, encabezaron a representación do Bloque na manifestación para denunciar a crise industrial de Vigo e a súa comarca e reclamar solucións de futuro, tanto á Xunta como ao Goberno central.