Centos de persoas participaron este domingo nas mobilizacións convocadas en 22 vilas e cidades galegas pola Plataforma por un monte galego con futuro, conformada por diferentes colectivos ecoloxistas, animalistas e ruralistas, para reclamar a paralización do Plan forestal promovido en solitario polo PP e instar o Goberno galego a aplicar, con «medidas específicas», a recentemente anunciada moratoria para a plantación de eucaliptos. Coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Bosques, representantes e simpatizantes da plataforma saíron ás rúas de varios concellos para denunciar un plan que, ao seu xuízo, «agrava» a situación actual do monte galego, xa que fai unha diagnose «ficticia» da súa situación «a partir dun inventario forestal irreal e desfasado», ademais de que o documento «carece de consenso social».
33