Segundo o Goberno portugués, neste primeiro día de folga houbo que pechar máis de 500 gasolineras que quedaron sen combustible, o 17 por cento das que hai no país. O executivo estableceu unha rede de posto de abastecemento de urxencia para que os profesionais públicos, bombeiros, policía, ambulancias, poidan acudir de forma prioritaria. O resto de cidadáns só poderán repostar 25 litros por día, de aí que moitos crucen a fronteira e se acheguen a Galicia para encher o depósito. Con todo, polo momento non hai colapsos, e a situación non sae moito do normal. O Goberno luso mobilizou a militares e axentes de seguridade para transportar combustible, ao constatar que houbo incumprimento dos servizos mínimos na primeira xornada de folga. Un consello de ministros extraordinario decidirá se se intervén o paro, para evitar o casos que viviu Portugal en abril, na anterior folga de transportistas.