Na sesión ordinaria do pleno da corporación municipal de Arteixo celebrada este xoves, todos os partidos da Corporación (PP, PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños) aprobaron unha declaración institucional na que instan ao Goberno central que salla elixido das eleccións xerais do 10 N a participar en «unha mesa de negociación» para que «se aprobe» a proposta da Xunta e o Concello para eliminar a peaxe de Pastoriza, na AG-55, no seu tramo A Coruña–A6″ para a conexión viaria do porto exterior de Punta Langosteira.