Modelo de xestión continuista para o Teatro Colón

1 minutes read

O Teatro Colón continuará co mesmo modelo de xestión inaugurado hai dous anos cando a Deputación e o concello da Coruña asinaron os termos do acordo que deixaba en mans do IMCE a programación de espectáculos cunha reserva de días para a Deputación da Coruña, propietaria do inmóbel. O obxectivo do convenio era conseguir a incardinación do Teatro Colón na programación cultural do concello da Coruña. Segundo o convenio, a Deputación e o IMCE comparten a xestión e utilización do Teatro Colón co fin de que quede plenamente integrado na rede pública de espazos culturais municipais. Ao IMCE correspóndelle a programación de actividades coordinadas con outros espazos municipais. Para a coordinación de ambas institucións continuará funcionando a comisión de seguimento, presidida polo deputado de Cultura, Xurxo Couto e integrada por membros da Deputación e o Concello.