0
A carreira por lograr a primeira vacina fronte ao SARS-CoV-2 segue imparable con varias empresas que se postulan como vencedoras. Aínda que hai unha semana Pfizer anunciaba que a súa vacina protexía nun 90% contra o coronavirus, esta vez a quenda é para Moderna, que eleva a eficacia da súa vacina ao 94,5%.
Esta información forma parte do conxunto de datos preliminares do estudo en curso da compañía estadounidense cuxo presidente, o Dr. Stephen Hoge, se mostrou esperanzador e tranquilo ao ter noticias sobre resultados similares en dúas compañías diferentes.