Moderna e Pfizer soben o prezo das súas vacinas


As farmacéuticas estadounidenses Pfizer e Moderna subiron o prezo das súas vacinas anti- COVID nos últimos contratos de subministración á Unión Europea, segundo publicou o Financial Times. Os termos dos contratos, asinados este ano ata 2023 para un total de 2.100 millóns de doses, renegociáronse despois de que uns estudos clínicos indicasen que as vacúas tipo mRNA destas dúas empresas tiñan mellores índices de eficacia que as máis baratas de Oxford/AstraZeneca e Johnson & Johnson.

O prezo dunha dose do preparado de Pfizer pasou dos 15,5 euros actuais a 19,5 euros, mentres que o prezo dunha dose de Moderna subiu a 25,5 dólares, desde os 22,6 dólares fixados no primeiro acordo de subministración. Con todo, esa cantidade é inferior aos 28,5 dólares que se pactaron con anterioridade, pois aumentouse o pedido.