39
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, asinaron o convenio de colaboración para financiar as obras de rehabilitación e acondicionamento dunha nave en desuso no recinto feiral municipal e urbanizar a súa contorna para transformala nun centro de traballo colaborativo orientado á elaboración, transformación e venda de produtos agroalimentarios. O centro, de carácter comarcal, dará servizo tamén aos concellos de San Sadurniño, Valdoviño e Cerdido, cuxos alcaldes Secundino García Casal, Alberto González e Benigno Galego estiveron tamén presentes no acto. A Deputación financiará o proxecto cunha achega do 66% do custe total.