Mofa&Befa presentan este sábado no Auditorio da Casa da Cultura de Cee «Os dous de sempre»

1 minutes read

Espectáculo teatral da compañía Producións Excéntricas, protagonizado polo dúo Mofa&Befa (Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira) xunto a Josito Porto, baixo a dirección de Quico Cadaval, será a partires das 20:30 horas, con entrada libre.

Mofa&Befa pertencen á estirpe dos paiasos de circo, dos artistas do cine mudo, dos canallas de cabaret … e agora deciden encarnar a dous personaxes de papel, concebidos por un humorista gráfico.

Versión libre baseada na novela homónima e no humor gráfico de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, protagonizada por Pedriño e Rañolas, dous amigos con personalidades opostas.

A obra reflexiona sobre a amizade, as contradicións humanas e a oposición entre idealismo e materialismo a través de dous personaxes antagónicos pero inseparables, nunha liña que conecta con figuras clásicas como Don Quixote e Sancho Panza.