Moi boa xornada para a A.D. Fogar na 3ª Preliminar da Liga Galega de Natación celebrada en Carballo

1 minutes read

O pasado sábado 28 de marzo a Municipal Carballo Calero, acolleu en Carballo a derradeira das tres xornadas preliminares da Liga Galega de Clubs de Natación na súa primeira división. Xornada decisiva de cara a determinar os postos polo ascenso e o descenso de categoría na fase final na que tomaron parte uns 150 nadadores e nadadoras. O Fluvial gañou a xornada con 248 puntos, o Arteixo rematou 2º con 233, A.D. Fogar foi 3º con 232 empatados a puntos co Casino, o Rías foi 5º con 196 e o Coruña 6º con 170, polo que desta volta A.D. Fogar tivo que conformarse coa 4ª praza de cara á final posicionándose na loita pola permanencia co Coruña e o Vigo Rías Baixas. Ainda así compre subliñar a gran xornada dos participantes da entidade de Carballo e Oleiros loitaron pola victoria ata o final, acadando rexistros de relevancia como os récords absolutos do club de Alba Lamas nos 100 costas e a remuda feminina dos 4×100 libres que formaron Noa Ferreiro, Carla Mourelle, Alba Lamas e Carmela Ínsua, ou a mellor marca do club de 17 anos de Carmela Ínsua nos 200 libres; ademáis de algunha que outra mellor marca persoal e a satisfacción do gran traballo realizado.