Unha muller de Marín está hospitalizada e debátese entre a vida e a morte despois de que un home, co que segundo as primeiras investigacións non ten vinculación ningunha, a acoitelase este luns en plena rúa.
A alcaldesa do municipio, María Ramallo, informou a prensa de que a agresión rexistrouse nun camiño que baixa da rúa Jaime Janer cara ao río, fronte ao antigo colexio infantil Nosa Señora do Carme.
Foi unha “agresión importante”, na que o home fixo uso de “determinados utensilios” que lle provocaron á vítima lesiones “moi graves”, polo que a pesar de ser trasladada ao hospital “aínda con vida”, o seu prognóstico “é moi grave”, indicou aos medios de comunicación a rexedora.
Tamén confirmou que a Policía Local detivo o presunto autor dos feitos, que ten 50 anos, e que xa foi posto á disposición da comisaría de Policía Nacional.