Stoupa retoma o seu programa de exposicións de artistas da Costa da Morte. Esta vez é a quenda de Mon Lendoiro que permanecerá na galería ceense ata o 31 de outubro, cunha obra de colllage.
O artista pástico multidisciplinar carballés presentou 11 cadros de animais ilustrados e animados a través da técnica da colaxe. Para iso utilizou anacos de obras inacabadas, descartadas ou de anacos de papel que tiveron un significado na súa vida e que quixo así devolvelos á natureza en forma de animais. De aí o tílulo da exposición «trociños de papel e outros animais». Ademais todos os cadros van acompañados dunha reflexión sobre as actitudes e instintos destes animais, que en moitos casos deberíannos de servir de exemplo.
Contounos: «A miña amiga artista, Lola Oviedo insistíame sempre que non tírase ningunha obra, que todo se aproveita, e mira tiña razón, grazas a ela puiden construír os meus animais».
En todo o que queda deste mes e no de outubro en Stoupa falarase da técnica da colaxe e da importancia da reutilización, de como transformar e dar unha segunda vida a pequenos recordos que temos nas nosas casas.
A exposicón poderá visitarse ata o 31 outubro en Stoupa, ( r/ Campo do Sacramento, 23, Cee) de martes a sábado de 12 h a 14 h e de 17 h a 20 h.