Monbus Obradoiro promocionará a provincia coruñesa como destino turístico


Valentín González Formoso, visitou no Multiusos Fonte do Sar de Santiago de Compostela ao Monbus Obradoiro, club de baloncesto co que a Deputación da Coruña se aliou para promocionar a provincia como destino turístico. O presidente da Deputación quixo felicitar persoalmente aos integrantes do plantel “por certificar a súa permanencia, un ano máis, e xa van dez, na Liga Endesa” o que cualificou como “un gran logro que debemos recoñecer e valorar”. O presidente do Obradoiro, Raúl López, quixo agradecer “o apoio da Deputación” que se concretou nun ano no que o club celebra o seu cincuenta aniversario e resaltou a importancia de ter certificada a permanencia na ACB para “unha cidade como e Santiago, de 100.000 habitantes, e por iso necesitamos o apoio provincial”.