Monbus Obradoiro promocionará a provincia coruñesa como destino turístico

Valentín González Formoso, visitou no Multiusos Fonte do Sar de Santiago de Compostela ao Monbus Obradoiro, club de baloncesto co que a Deputación da Coruña se aliou para promocionar a provincia como destino turístico. O presidente da Deputación quixo felicitar persoalmente aos integrantes do plantel «por certificar a súa permanencia, un ano máis, e xa van dez, na Liga Endesa» o que cualificou como «un gran logro que debemos recoñecer e valorar». O presidente do Obradoiro, Raúl López, quixo agradecer «o apoio da Deputación» que se concretou nun ano no que o club celebra o seu cincuenta aniversario e resaltou a importancia de ter certificada a permanencia na ACB para «unha cidade como e Santiago, de 100.000 habitantes, e por iso necesitamos o apoio provincial».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha