Moncho Borrajo visita Arteixo como parte da programación cultural de primavera

1 minutes read

Moncho Borrajo é a estrela da programación que a Concellería de Cultura elabora con motivo da Festa das Flores que, neste 2021, tamén volve a ser diferente. 

O artista ourensán estará no Centro Cívico de Arteixo este venres 28 para presentar o seu espectáculo «Nada» no que fai un recopilatorio dos seus mellores monólogos ao longo dos seus 45 anos de traxectoria profesional.

A cita será ás 20:30 h no Auditorio, que coas actuais medidas anticovid, só dispón dunha capacidade para 56 persoas. O espectáculo será con entrada de 4 € e 3 € para estudantes e maiores de 65 anos que o acrediten. As entradas poderanse mercar o propio día da actuación de 11:30-13:30 h ou 2 h antes da función até completar a capacidade da sala.