Mondariz rexistrou o maior terremoto da provincia de Pontevedra en 30 anos


O Concello de Mondariz foi este domingo o epicentro do segundo maior terremoto da historia da provincia de Pontevedra e o maior dos últimos 30 anos en canto a magnitude: 3,4 na escala de Richter. O sismo, de intensidade II chegouse a sentir ata en 23 localidades pontevedresas, chegando, mesmo, a Vigo, Ponteareas, Redondela, Sanxenxo, Gondomar e Cangas. A forza deste fenómeno natural chegou mesmo a espertar a varios veciños.