Mónica Martínez dáse de baixa de Ciudadanos

1 minutes read

A que era a única edil de Ciudadanos na Coruña, Mónica Martínez, deuse de baixa este luns como militante da formación laranxa, pero seguirá conservando o seu posto de concelleira para «recuperar a súa independencia política».

Nun comunicado, a tamén xornalista Mónica Martínez indicou que desexa manter «unha relación fluída» con Ciudadanos, pero continuar no Concello da Coruña «sen pertencer a ningún partido».

Así mesmo, subliña que desenvolveu «unha intensa actividade social» desde a súa elección como concelleira, estando en contacto con diversas entidades de base, «a fin de contribuír a proxectar e canalizar as súas necesidades».

A ata o de agora edil de C’s manterá tamén, como independente, «a súa liña de diálogo» co Goberno municipal da Coruña, indicou. Martínez expresou o seu desexo de que culminen con éxito os proxectos en marcha, «necesarios para asegurar o futuro da Coruña e dos seus cidadáns».