Mónica Rodríguez nomeada secretaria de Emprendemento da Comarca Costa Atlántica PSdeG-PSOE

Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo.

A alcaldesa e líder do PSdeG-PSOE de Vimianzo, Mónica Rodríguez, foi nomeada este mércores secretaria de Emprendemento da Comarca Costa Atlántica PSdeG-PSOE durante o Congreso do partido en Galicia que se celebrou en Santiago de Compostela.

A rexedora agradeceu “a confianza recibida ao longo dos anos por parte de todas e todos os compañeiros que conforman unha formación aberta e a disposición de toda a veciñanza”.

Do mesmo xeito, aproveitou o nomeamento para felicitar “a un cadro humano excepcional, exemplo de responsabilidade e traballo” que forma parte do Comité Nacional Galego da Costa da Morte: Paula Mozo Maceiras como coordinadora comarcal; Margarita Lamela Louzán, representante de Cee; Manuel Insua Insua, ‘Lalo’, como representante de Corcubión; Iago Toba Campaña como representante de Muxía; e Juan Manuel Saborido Rama, ‘Moma’, como representante de Carnota.

Desde o Partido Socialista de Vimianzo transmiten os seus parabéns a todas as persoas que día a día amosan confianza no seu proxecto e afirman que seguirán a traballar polo ben do municipio e de toda a comarca.

Cabe destacar que como Membros do Comité Nacional tamén figuran José Antonio Louro Pais, de Corcubión, Raúl González Lado, de Dumbría e José Marcote Suárez, de Fisterra.