Mónica Rodríguez preséntalle a María Rivas o proxecto de extensión da senda peonil de Ponte do Porto a Cereixo

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, Miguel Ángel Pérez, reuníronse este mércores coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, para presentarlle o proxecto de extensión do tránsito peonil desde Ponte do Porto, Camariñas, ata a parroquia de Cereixo.

O obxectivo desta iniciativa é dar maior percorrido á senda que une ámbolos dous municipios, incrementando a seguridade para os peóns neste punto e mellorando a estética da vía.

Mónica Rodríguez sinalou que se trata dunha actuación “moi demandada polos nosos veciños e veciñas, que verían incrementada a súa seguridade de maneira notoria neste último tramo”.

Destacou, ademais, que é unha mellora importante das infraestruturas municipais e da estética xeral das mesmas, contribuíndo ao incremento de servizos e de oportunidades para a veciñanza.

Por outra banda, Rivas resaltou a necesidade de “apoiar aos municipios, especialmente aos máis pequenos”, xa que “estas actuacións son moi importantes para os concellos, xa que supoñen unha mellora importante nas súas pequenas infraestruturas costeiras”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha