Monitores de surf fórmanse en Razo para participar no programa ‘Aprende a través do surfing’

'Aprende a través del surfing' en Razo, Carballo_Cedida

  • As clases están a desenvolverse en Boaola Surf Escola e hai representantes de oito escolas de Galicia e Asturias

A Federación Española de Surfing e Surf and Clean imparten esta fin de semana en Razo, Carballo, unha formación para os monitores de surf das escolas adheridas ao proxecto ‘Aprende a través do surfing’, una iniciativa educativa que se desenvolve a nivel nacional e na que tamén colaboran o Concello de Carballo e a Deputación da Coruña. As clases están a desenvolverse en Boaola Surf Escola e hai representantes de oito escolas de Galicia e Asturias.

O seminario DEAN (Defensa dos espazos acuáticos naturales) vai dirixido a xerentes e directivas deportivas de escolas náuticas e ten o recoñecemento do Consello Superior de Deportes. Trátase dunha formación presencial de 16 horas que se complementa con prácticas reais co alumnado que participou no proxecto de marzo a xuño. Este curso habilita ás escolas para poder formar parte de ‘Aprende a través do surfing’.

Clases tamén para o profesorado dos colexios da Costa da Morte

Durante a mañá deste domingo o alumnado destas xornadas deseñará unha actividade no areal que posteriormente mostrará ao profesorado dos centros educativos que participan no proxecto como Camariñas, Laxe, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Malpica, A Laracha e Carballo.