Monseñor Francisco José Prieto, novo arcebispo de Santiago

1 minutes read

A Santa Sé fixo público no mediodía deste sábado o nomeamento de Francisco José Prieto Fernández como arcebispo de Santiago. Sucede a monseñor Julián Barrio, que levaba case tres décadas no cargo.

Con 54 anos e natural de Ourense, era auxiliar desde 2021. Cunha sólida formación en patrística e teoloxía bíblica, compaxinou a docencia coas tarefas pastorais en diferentes parroquias da diocese ourensá.

Era un dos nomes que soaban para ocupar ese posto despois de que nas últimas semanas aumentaran as voces que daban por feita a saída de Julián Barrio, rematado o ano santo xacobeo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?