Monte Neme | O perigo continúa na ruína da corrupción

1 minutes read

A canteira do Monte Neme foi explotada ata 2012 por Leitosa SAU, unha filial xa extinguida do grupo valenciano Sedesa, propiedade da familia do político do PP Juan Cotino, exvicepresidente da Generalitat de Valencia e ao que a fiscalía pediu 11 anos de cárcere por corrupción na organización da visita do Papa en 2006.

Pouco máis dun mes pasou desde que a Consellería de Industria da Xunta de Galicia realizase a modo de parche as obras de seguridade e restrición de accesos ao Monte Neme, sen que estas fornecesen do todo o efecto e a finalidade para as que foron levadas a cabo, dado que seguen quedando zonas abertas e mesmo grandes pedras que facilitan o salto da tea metálica e tal e como demostra a instantánea tomada esta mesma semana, a imprudencia continúa detrás do valo.

A ruína ambiental que deixou a corrupción converteuse desde a paralización da actividade nun foco de concentración de persoas en busca dunha visita ou un selfie cando menos arriscado e imprudente polos desniveis a distinta altura que deixaron as escavacións.


Leitosa extraeu cuarzo e áridos do Monte Neme sen que a Xunta de Galicia lle esixíse un aval que garantise a restauración da zona ao terminar a produción. O que si recibiu a empresa da Administración autonómica foi máis de medio millón de euros en axudas públicas e agora leva xa sete anos abandonada.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?