- O vicesecretario de comunicación tamén insta a Sánchez a que pelexe polo campo “con uñas e dentes”
O vicesecretario de comunicación do Partido Popular, Pablo Montesinos, sinalou que Pedro Sánchez está a ameazar ás Comunidades Autónomas (CCAA) que obedece a Constitución mentres cede ante os independentistas.
Estas declaracións realizounas despois de reunirse co alcalde de Estepona, José María García Urbano, para que o Goberno inclúa nos Orzamentos Xerais do Estado a redacción do proxecto de construción dunha nova comisaría de Policía Nacional no municipio.
Segundo Montesinos, comunidades como Madrid ou Andalucía serán abrasadas a impostos mentres que o presidente do Goberno aceptas as presións do PNV e cede ante as peticións de Torra. Desde o Partido Popular manifestan que “por moito que nos chantaxeen, baixaremos impostos, reduciremos burocracia e garantiremos a igualdade” nas CCAA.
Montesinos tamén insta a Sánchez a “dar a batalla” en Bruxelas e en todas as institucións internacionais en defensa de agricultores e gandeiros e pídelle que pelexe polo campo “con uñas e dentes”.