O Goberno aproba un novo aprazamento para os certificados da inspección técnica de vehículos que caducasen entre o 21de xuño e o 31 de agosto. Esta decisión súmase á moratoria das ITV que caducaron durante o estado de alarma. Unha medida coa que se pretende aliviar a lista de espera tras os meses de confinamento. Na maioría das estacións sinalan que a demanda de inspeccións está a ser elevada, polo que están implementando medidas, entre elas reforzo de persoal e ampliacións de horarios, para aumentar a súa capacidade. Esta nova medida do Goberno dálles prioridade aos vehículos de transporte profesional.
Moratoria para as certificacións da ITV con caducidade entre o 21 de xuño e o 31 de agosto
Cedida.