Morre a actriz Rosa María Sardá

A actriz Rosa María Sardá faleceu este xoves aos 78 anos, segundo informou a Academia de Cine. Ademais de intérprete, foi humorista, presentadora e directora teatral. Comezou a súa carreira como actriz cómica, rexistro que nos últimos anos combinou co de intérprete dramática en castelán e en catalán. Gañou dous premios Goya como Mellor Actriz de Reparto, por Sen vergoña e Por que o chaman amor cando queren dicir sexo? e en 2010 recibiu a Medalla de Ouro da Academia de Cine. Ademais, foi mestra de cerimonias dos Premios Goya en tres ocasiones, en 1993, 1998 e 2001 e reapareceu como presentadora ao final da gala de 2009 e 2010.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha