Morre a escritora Luz Pozo aos 97 anos

A poeta, ensaísta e catedrática de literatura de ensino medio Luz Pozo, formaba parte da RAG dende 1950, cando, con só 28 anos, foi nomeada membro correspondente, e dende 1996 era académica de número.

A súa é unha das voces esenciais das letras galegas da segunda metade do século XX, renovadora tanto na forma como na temática abordada. O amor e a sensualidade foron dúas constantes na súa obra, caracterizada por un fondo lirismo e o diálogo intertextual íntimo coa tradición poética galega e universal. A luz como elemento simbólico central é outro sinal de identidade dunha autora que nunca deixou de escribir.

En 2019 publicou o seu último libro, Pazo de Tor, unha obra de homenaxe ás raíces familiares pola vía materna.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha