Morre a moza detida por levar mal posto o veo en Irán

1 minutes read

Mahsa Amini tiña 22 anos. Era unha moza iraniana falecida baixo custodia, tras ser detida o martes pola Policia da moral por non levar ben colocado o veo. A súa familia explicou que foi trasladada a unha comisaria para asistir a «unha hora de reeducación», e horas máis tarde ingresaba nun hospital en coma ao sufrir un ataque ao corazón. Tras a indignación desatada nas redes sociais, as autoridades publicaban unhas imaxes. O presidente do país, Ebrahim Raisí, ordenou unha investigación «con urxencia e especial atención». Mentres, Amnistía Internacional (AI) solicitou unha investigación criminal ao considerar sospeitosa a morte da moza baixo custodia policial.