Morre a raíña de Inglaterra aos 96 anos


Isabel II, a segunda monarca máis lonxeva do mundo, atopábase no castelo de Balmoral, en Escocia, rodeada da súa familia. Na tarde deste xoves o Palacio de Buckingham fixo público un comunicado no que mostraba a “preocupación” dos médicos que asistían á monarca polo seu delicado estado de saúde. O seu fillo o príncipe Carlos, herdeiro ao trono británico, Camila e o duque de Cambridge, segundo na liña de sucesión, trasladáronse á residencia de verán para acompañala. Isabel II levaba 70 anos e 214 días no trono do Reino Unido. O pasado 7 de febreiro celebrou o seu xubileu de platino, no que evitou algúns actos por problemas de saúde. Tamén gardou repouso por recomendación médica este mércores un día despois de encomendar a formación de Goberno á nova primeira ministra británica, LizTruss.