Morre Abimael Guzmán, fundador de Sendero Luminoso

Morre Abimael Guzmán, fundador do grupo terrorista marxista Sendero Luminoso, na prisión de máxima seguridade da base Naval do Callao, en Perú. Segundo un comunicado do centro penal, Guzmán, de 86 anos, faleceu por complicacións no seu estado de saúde, que se determinarán tras o seu traslado á morgue. Detido hai 29 anos, a súa banda é responsable de decenas de miles de mortes entre 1980 e 2000. A Comisión da Verdade e a Reconciliación, creada para coñecer o que pasou naqueles anos de presenza da organización terrorista, determinou que Guzmán, tamén coñecido como o camarada «Gonzalo», era responsable da morte de 30.000 peruanos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha