Morre ao caerlle enriba un carballo cando cortaba outra árbore


A vítima é un home de 68 anos que cortaba leña nun monte da súa propiedade en Calvelo, no concello de Baños de Molgas, en Ourense.

O accidente ocorreu a primeira hora da tarde do venres cando tallaba un castiñeiro xunto co seu irmán. A árbore caeu sobre un carballo que á súa vez caeu sobre o home.

Foi o irmán quen decontado deu a voz de alarma. Ao lugar mobilizouse un equipo do Ges de Maceda e incluso un helicóptero medicalizado. Pero os servizos de urxencias non pudieron facer nada pola vítima que xa falecera.

A noticia causou unha forte conmoción entre a veciñanza que se achegou ao lugar alertada polo dispositivo despregado. A Garda Civil custodiou o corpo no lugar do accidente ata a chegada do forense e do xuíz que autorizou o levantamento do cadáver.