Morre aos 61 anos a escritora Almudena Grandes


A escritora Almudena Grandes faleceu este sábado en Madrid aos 61 anos, como consecuencia dun cancro que lle detectaron en setembro do ano pasado, confirmaron a Efe fontes da editorial Tusquets. Nada en Madrid en 1960, Grandes está considerada unha das escritoras máis relevantes das últimas xeracións, Premio Nacional de Narrativa en 2018 en España por «Os pacientes do doutor García» e Premio Iberoamericano de Novela Elena Poniatowska de Coidade de México en 2011 por «Inés e a alegría», entre outras distincións. Almudena Grandes era esposa do poeta Luís García Montero, director do Instituto Cervantes.

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, publicou en Twitter que a literarura española perde «a unha das escritoras referentes do noso tempo». «Comprometida e valente, que narrou a nosa historia recente desde unha mirada progresista. O teu recordo, a túa obra, sempre estará connosco, Almudena Grandes. Un abrazo á súa familia e seres queridos», engadiu.