Morre Armando Manzanero, icona da balada romántica latina, por coronavirus

Armando Manzanero_Fonte: Twiiter da Secretaría de Cultura do Goberno de México

  • O autor de clásicos como ‘Somos novios’ ou ‘Esta tarde vi llover’, recibirá unha homenaxe oficial por parte do Goberno de Iucatán, terra natal do artista

O compositor e cantautor Armando Manzanero (Mérida, Iucatán, 1935) faleceu este luns aos 85 anos pola Covid-19.

«Con moita dor lamento a morte do mestre Armando Manzanero, un dos máis grandes compositores de México, as súas cancións son parte definitiva da educación sentimental dos mexicanos», anunciou en redes a secretaria de Cultura de México, Alejandra Frausto.

Coñecido como o rei da balada romántica latina, e considerado unha das iconas do xénero bolero en todo o mundo, o cantautor tamén era presidente da Sociedade de Autores e Compositores de México.

O autor de clásicos da música romántica mexicana como ‘Somos novios’, ‘Voy a apagar la luz’ ou ‘Esta tarde vi llover’, recibirá unha homenaxe oficial por parte do Goberno de Iucatán, terra natal do artista.

Deixa atrás un legado musical cheo de numerosas vendas e unha infinidade de recoñecementos, como o Premio Grammy honorífico que se lle concedeu no ano 2014.

Related posts

DJ Frisco & Marcos Peón: 20 años marcando el pulso de la música electrónica

Dani Moreno (El Gallo), Dani BPM, Jossi, Charlie e Roy, entre outros, serán os Dj’s encargados de animar á Mikaela 2026

Orquestra Los Satélites | A que máis gustou no 2025, segundo a audiencia do programa Palco de Estrelas