Morre un home atropelado por un camión en Fene

Ambulancia medicalizada

Un operario faleceu este luns tras ser atropelado por un camión para o transporte de material lixeiro, no Polígono de Vilar do Colo, en Fene. A alerta sobre este accidente activouse no 112 Galicia despois de recibir a chamada dun compañeiro, na que solicitaba asistencia sanitaria urxente para este traballador.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, malia os esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida. Segundo explicaron, a vítima estaba atrapaba baixo o camión, polo que, tamén foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Ferrol e dos membros do GES de Mugardos. Deste modo, o traballador foi liberado, pero xa sen constantes vitais.