Narciso ‘Chicho’ Ibáñez Serrador faleceu aos 83 anos de idade, tal e como avanzou televisión española. O director de cinema e realizador de televisión ingresara de urxencia este venres nun hospital de Madrid por mor dunha infección.
Está previsto que o seu corpo sexa trasladado ao tanatorio da M-30 de Madrid e se enterre en Granada, onde repousan os seus pais. En xaneiro de este mesmo ano, Chicho recibiu o Goya de Honra aínda que non puido asistir á gala de Sevilla, e hai apenas uns días, o 4 de xuño, a Filmoteca de Barcelona rendíalle homenaxe nun acto ao que tampouco puido acudir polo seu delicado estado de saúde; e durante o que se proxectou a película ¿Quen pode matar a un neno?.
Nunha mensaxe de Twitter, ProintelTV, a súa produtora, informou que Chicho Ibáñez Serrador faleceu «acompañado das súas fillas Pepa e Alejandro» e que sempre se lembrará a un creador «que nos entretivo, educounos, asustounos e fíxonos pensar».