Morre Diego Armando Maradona

Pedro Troglio e Diego Maradona

O catalogado como un dos mellores xogadores de fútbol da historia, o arxentino Diego Armando Maradona, faleceu este mércores aos 60 anos. Segundo confirmou a diversos medios de comunicación o seu axente, Matías Morla, Maradona sufriu un paro cardiorrespiratorio na súa casa de Tigre.

O astro do fútbol non gozaba de boa saúde, pois recentemente fora operado dun hematoma subdural en Bos Aires.

O presidente da Arxentina, Alberto Fernández, decretou tres días de dó pola morte de Diego Armando Maradona, o propio xefe de Estado manifestou a través da súa conta na rede social Twitter o seu agradecemento pola “felicidade” que o astro do fútbol lle deu aos arxentinos. “Leváchesnos ao máis alto do mundo. Grazas por existir, Diego”, escribiu Alberto Fernández.