Morre dun infarto o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez

1 minutes read
El titular de Facenda, Valeriano Martínez. Foto: Xoán Crespo_ 29/04/2020
  • Faleceu aos 60 anos no seu despacho

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez García, faleceu este mércores no seu despacho despois de sufrir unha parada cardiorrespiratoria, tal e como sinala a Xunta de Galicia no seu perfil oficial de Twitter.

Martínez (Cangas, Pontevedra), de 60 anos, accedeu ao seu cargo actual no ano 2015. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escuela de Alta Dirección y Administración, no ano 1985 entra como funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Economía e Facenda. Antes de ser nombrado conselleiro exerceu como secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia. Tamén foi director xeral de Recursos Humanos do Sergas, director xeral de Transporte e auditor do Consello de Contas de Galicia.

O goberno autonómico suspendeu todos os actos programados para este mércores. O PSOE, o BNG, diversos sindicatos ou a Delegación do Goberno en Galicia, entre outros, mostraron as súas condolencias á familia Martínez, ao Partido Popular e a todo o Executivo galego.