Morre en accidente de tráfico Kelvin Kiptum, plusmarquista mundial de maratón

O plusmarquista mundial de maratón, Kelvin Kiptum, morreu aos 24 anos de idade, a causa dun accidente de tráfico, segundo informaron as autoridades kenyanas de tráfico.

Segundo estas fontes, no accidente faleceron o atleta e o seu adestrador, o ruandés Gervais Hakizimana. O suceso ocorreu na estrada entre Eldoret e Kaptagat, segundo informou o comandante de tráfico kenyano, Dennis Muga, na zona onde adestraba o atleta.

Kiptum bateu o ano pasado en Chicago o récord do mundo de maratón, cunha marca de 2.00:35, e estaba chamado a romper a barreira das dúas horas.

O atleta kenyano tiña como gran obxectivo este ano os Xogos Olímpicos de París 2024, onde se esperaba un duelo con Eliud Kipchoge, anterior plusmarquista mundial.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha