Morre Ennio Morricone aos 91 anos

Ennio Morricone_Fonte: Euronews

  • Xunto a John Williams, fora galardoado co Premio Princesa de Asturias das Artes 2020

«O mestre», como moitos coñecían ao famoso compositor italiano Ennio Morricone, faleceu este luns aos 91 anos nunha clínica de Roma despois de sufrir hai uns días unha fractura de fémur, segundo informa RTVE.

Autor de máis de 400 bandas sonoras, destacan algúns clásicos que marcaron un antes e un despois no cinema como Cinema Paradiso, Os intocables de Eliot Ness ou O bo, o feo e o malo. Morricone fora galardoado co Premio Princesa de Asturias das Artes 2020, xunto a outro dos seus compañeiros, o compositor estadounidense John Williams; e no ano 2006 concedéronlle o Óscar honorífico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha