Un home duns 80 anos morreu este xoves ao caer un muro no Parque de Santo Domingo de Bonaval, en Santiago de Compostela, a causa do temporal Elsa. Segundo confirmaron fontes dos Bombeiros de Santiago, arredor das 21:00h recuperouse o corpo do home debaixo das pedras do muro que caera arredor das 18:00h sobre a rúa Costiña do Monte.
O cadáver foi localizado cando operarios municipais acudiron ao lugar para colaborar nas labores de retirada de entullos, segundo indicaron a fontes da Delegación do Goberno. Ao lugar trasladouse unha ambulancia de soporte vital avanzado pero non se puido facer nada por salvar á vítima.
Unha balsa de auga puido ser a causante do derrubamento do muro. Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Santiago de Compostela, axentes da Policía Local e Nacional e efectivos de Protección Civil.
Tamén se viron afectados diversos vehículos que estaban estacionados na rúa Costiña do Monte, na parque traseira de Bonaval.