Morre esmagado tras a caída dun muro no parque de Bonaval en Santiago

Un home duns 80 anos morreu este xoves ao caer un muro no Parque de Santo Domingo de Bonaval, en Santiago de Compostela, a causa do temporal Elsa. Segundo confirmaron fontes dos Bombeiros de Santiago, arredor das 21:00h recuperouse o corpo do home debaixo das pedras do muro que caera arredor das 18:00h sobre a rúa Costiña do Monte.

O cadáver foi localizado cando operarios municipais acudiron ao lugar para colaborar nas labores de retirada de entullos, segundo indicaron a fontes da Delegación do Goberno. Ao lugar trasladouse unha ambulancia de soporte vital avanzado pero non se puido facer nada por salvar á vítima.

Unha balsa de auga puido ser a causante do derrubamento do muro. Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Santiago de Compostela, axentes da Policía Local e Nacional e efectivos de Protección Civil. 

Tamén se viron afectados diversos vehículos que estaban estacionados na rúa Costiña do Monte, na parque traseira de Bonaval.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha