- Entre os seus grandes éxitos atópanse La barbacoa, El africano o El chiringuito
O popular cantante Georgie Dann, máis coñecido como ‘o rei da canción do verán’, faleceu este mércores aos 81 anos no Hospital Puerta de Hierro (Madrid) durante unha operación de cadeira, segundo confirmou o xornal El Mundo.
Georges Mayer Dahan (París, 1940) residía en España desde mediados dos anos sesenta. Coñecido sobre todo polo seu sorriso e alegría, o artista conseguiu namorar ao público con letras pegadizas e moito ritmo. Entre os seus hits atópanse La barbacoa, El chiringuito, El africano, La rana ou Carnaval, carnaval.
Dann naceu nunha familia de artistas e músicos. Estudou nove anos no Conservatorio de París, aprendendo a tocar o clarinete, o saxofón e o acordeón; aínda que antes de ser mundialmente coñecido polos seus éxitos traballaba como mestre.