Morre Guillermo Fernández Vara, expresidente socialista de Estremadura, aos 66 anos

  • A Junta de Extremadura «en sinal de duelo, e como mostra de respecto á súa memoria», declarou o loito oficial na comunidade durante tres días, nos que as bandeiras ondearán a medio mastro en todos os edificios públicos da Junta de Extremadura.

Tras loitar contra o cancro de estómago que lle detectaron en 2023, segundo confirmou o PSOE de Estremadura, o expresidente socialista da comunidade Guillermo Fernández Vara morreu este domingo aos 66 anos. Guillermo licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Córdoba en 1983 e tres anos máis tarde ingresou por oposición no Corpo Nacional de Médicos Forenses. En agosto de 1995 foi nomeado director Xeral de Saúde Pública e Consumo, cargo que desempeñou ata xaneiro do ano seguinte. Tamén foi conselleiro de Benestar Social (1996-1999) e conselleiro de Sanidade e Consumo (1999-2007). Todos baixo o Goberno do seu antecesor, Juan Carlos Rodríguez Ibarra.

Nas eleccións autonómicas de maio de 2007 foi nomeado presidente da Junta de Extremadura, cargo no que se mantivo ata 2011. Catro anos despois o PSOE foi a forza máis votada en maio de 2015, con 30 escanos, e Vara foi elixido novamente presidente da Junta grazas aos votos de Podemos, que logrou seis escanos tras ser o terceiro partido máis votado. Na seguinte lexislatura, Vara revalidou o cargo, pero entón non necesitou o apoio doutras forzas políticas, pois o PSOE arrasou nas eleccións autonómicas con maioría absoluta despois de doce anos. Guillermo Fernández Vara deixou finalmente a Junta tras as eleccións de maio de 2023, cando a irrupción de Vox no Parlamento estremeño con cinco deputados entrega a Presidencia á candidata do PP, María Guardiola. En xullo dese ano, Vara foi nomeado senador por designación autonómica pola Asemblea de Estremadura.

Related posts

Campaña da DXT para concienciar do perigo de usar o móbil ao volante

14, 21 e 28 de outubro | Terceira edición das Xornadas de Promoción da Saúde, na Laracha

Unha operaria resulta ferida tras caer duns tres metros nunha explotación gandeira en Vilasantar