Morre Juan Abelleira, un dos fundadores da orquestra Nova Palma

1 minutes read

O mundo do espectáculo na Costa da Morte tinguiuse este luns de loito polo pasamento aos 90 anos de Juan Abelleira, un dos fundadores da mítica orquestra Nova Palma de Corcubión, e posteriormente axente de espectáculos. 

Abelleira formaba parte do equipo fundador dunha das orquestras con máis tradición na zona, a denominada primeiramente como La Palma e posteriormente como Nova Palma, actividade que desenvolvía xunto aos seus irmáns, Bienvenido, Adrián e Pepe, o único que aínda vive. 

As orixes da orquestra datan de 1951, aínda que alá polos anos 40 montaran un quinteto na súa parroquia natal de Berdeogas (Dumbría). 

Juan Abelleira e o seus irmáns tamén foron os artífices da coñecida sala de festas A Xunqueira de Cee. Unha sala que os de certa idade non esquecen. Por alí pasaron Manolo Escobar, Massiel, Os Bravos, Os Pecos, Peret ou Paloma San Basilio. E Cée non era o que é agora.