47
Landelino Lavilla, nacido en Lleida en 1934 faleceu por causas naturais este luns. Ministro de Xustiza entre 1976 e 1979, foi presidente da Cámara Baixa entre os anos 1979 e 1982. Letrado do Tribunal de Contas, tamén traballou no sector privado como director xeral adxunto de Banesto. Un dos puntos máis importantes da súa vida foi que presidía as Cortes mentres se produciu o golpe de estado do 23 de febreiro de 1981. Durante aquela noite, Lavilla xogou un papel fundamental e mesmo falou co tenente coronel Antonio Tejero, ofrecéndose como refén para que soltasen aos demais. Evidentemente Tejero non accedeu a isto, pero sempre lle gardou un profundo respecto pola súa valentía.