Morreu unha persoa que logrou forxar un imperio desde a súa orixe humilde, Manuel Jove Capellán. Discreto e emprendedor, era o presidente da corporación Inveravante, e que tras un ano de loita contra unha longa enfermidade «contra a que pelexou con forza, fiel ao seu talante», segundo informou a corporación empresarial, finalmente faleceu. A comezos dos anos70, fundou a inmobiliaria Fadesa. En apenas 25 anos, a compañía que presidía pasou de ser unha empresa local a unha das inmobiliarias máis importantes do mundo. Manuel Jove, nacera na Coruña en 1941, estaba casado, con dous fillos que son os dous actuais vicepresidentes de Inveravante, Felipa e Manuel. En 2002 faleceu a súa filla maior, María José, e na súa memoria, en 2003, creou a Fundación María José Jove que traballa en favor da infancia e a inclusión.