Mijaíl Gorvachov morreu aos 91 anos, último líder líder da Unión Soviética e Premio Nobel da Paz. Comezou a reestruturación coñecida como Perestroika, que deu inicio á desintegración da URSS. Gorbachov será enterrado no cemiterio de Novodevichy de Moscova, segundo a axencia TASS, onde xacen os restos de destacados personaxes da historia deste país e atópase tamén a tumba da súa muller, Raísa. Gorbachov levaba anos vivindo afastado da vida pública por problemas de saúde. Medios moscovitas afirmaron que pasaba meses hospitalizado por un cúmulo de afeccións. En 2019 o último dirixente soviético foi ingresado por unha pneumonía. Estivo á fronte da Unión Soviética de 1985 a 1991, nunha primeira fase á fronte do Comité Central do Partido Comunista e do Soviet Supremo e posteriormente como presidente.
41