Morre no Canadá un tripulante da armadora Nores nunha manobra na cuberta

0 minutes read

A traxedia volve sacudir o Grupo Nores, a armadora do Villa de Pitanxo, que tamén ten o Villa Nores, buque xemelgo do arrastreiro afundido. O escenario foi o mesmo: as augas de Terra Nova. Aínda que a empresa garda silencio sobre o ocorrido, sóubose que un tripulante de orixe indonesia faleceu durante unha manobra na cuberta. Ao parecer sufriu un forte golpe na cabeza cunha pasteca, unha polea de aceiro que se usa para elevar ou arrastrar a carga. O accidente obrigou ao buque a poñer rumbo á terra e diríxese cara o porto de St. Johns.